Ith

Biografía: 
Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Alberto, Gonzalo, e Lucía. Este grupo de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock galego e en galego. Así mesmo, e ao longo destes anos realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega. Algunhas delas, ademais, compartindo cartel e escenario con grandes bandas do panorama musical español como Los Suaves ou Celtas Cortos. A música de ITH guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, influencias que achegan cada unha das persoas que integran a banda, e que se aglutinan nos seus temas.
Management: 
Ith.
Sello: 
Autoeditado