Monoulious DOP

Biografía: 
Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de rock formada por Beny á batería, Torroncho ó baixo, Carba e Pla ás guitarras Na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” En 2020 sacan o seu segundo disco, o "Black album" con 14 novos temas sen unha etiqueta estilística que fai que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xenero musical.
Management: 
Seispés producións creativas
Sello: 
Autoeditado