Moura

Biografía: 
Moura somos eses ecos da Galicia mítica prerromana...megalitos en visión calidoscópica, guitarras como arpas de bardos e pés bailando no último acantilado do planeta.Convocámoste a formar parte do aquelarre, a disolverte na nosa brétema de psicodelia progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica, empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo. Unha experiencia única que flúe das fontes da terra inmortal dos nosos devanceiros, das ás dos mouchos e dos mortos que vagan polos nosos montes.....
Management: 
Moura
Sello: 
Spinda Records